O equipo xuvenil do Concello do Corgo consegue proclamarse campión da V Copa Deputación xuvenil ao impoñerse ao Viveiro FC B na tanda de penaltis, despois de desputar un intenso partido que rematara sen goles.
Parabéns a estes rapaces e máis aos técnicos e persoal que rodea a este prometedor equipo.