En próximas datas a Xerencia Territorial do Catastro en Lugo notificará as incorporacións ao Catastro Inmobiliario dos inmobles rústicos e urbáns, que non estivesen dados de alta así como as súas modificacións.
Ante as dúbidas que poidesen xurdir en relación con ditas notificacións, o Concello do Corgo facilitará información aos veciños que o desexen nas súas oficinas municipais.