ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
Obxecto da convocatoria:
- A participación no fondo solidario de libros corresponde a alumnos que cursen 3º, 4º, 5º, 6º de primaria, e 1º e 3º de ESO.
- A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto dirixarasae a alumnos de 1º e 2º de primaria, e 2º e 4º de ESO e en Educación Especial.
-A convocatoria de axudas para adquirir material escolar esta destinada ao alumnado de educación Primaria, ESO e Educación Especial.
-Os alumnos de centros con proxecto de educación dixital (E-DXGAL) están excludidos de participar no fondo de libros e nas axudas de libros, pero poden solicitar as axudas para material escolar.
Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:
a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: seis (6) libros de texto.
b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: catro (4) libros de texto.
c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.
O importe máximo para cada libro complementario será de: 30 euros en EP e 35 euros en ESO
A contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, de 2º e 4º de ESO e para alumnado de EE será a seguinte:
a) Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: EP (1º e 2º): 170 euros. ESO (2º e 4º): 180 euros.
b) Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: EP (1º e 2º): 90 euros. ESO (2º e 4º): 104 euros.
c) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP, ESO e EE con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euro
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2016/17, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarse unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2016/17.
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferiblemente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
Ao rematar o curso 2015/16, o alumnado beneficiario de libros de texto ou de material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2016/17.
O prazo máximo para devolvelos será o 23 de xuño de 2016, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2016.