O Concello do Corgo ven de asinar un contrato coa Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Lugo para este ano. A través deste acordo, será a Protectora lucense, quen unha vez avisada, se encargue da recollida de animais que aparezcan abandonados nesta localidade.
O Concello pola súa parte colabora económicamente coa Sociedade protectora, deste xeito, a prestación do servizo realízase a través dunha entidade profesionalizada, xa que como se contempla na Lei da Xunta de Galicia, os concellos teñen que poñer medios para tratar o problema do abandono de animais domésticos.