Nos Puntos de Información Catastral vostede poderá obter os seguintes servizos:
- Información de carácter xeral e particular de inmobles.
- Asesoramento sobre obrigacións co Catastro.
- Notificación por comparecencia en procedementos catastrais.
- Servizo de consulta libre e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.