Publicación no Boletín oficial da Provincia o listado definitivo de aspirantes admitidos no procedemento de selección de seis prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar, así como a composición do tribunal e data da constitución do mesmo.
Consulta Pública: regulamento de organización e funcionamento do Punto de Atención á Infancia.
De conformidade co establecido no Art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ábrese un período de consulta pública, a través do portal web deste concello, co fin de recabar a opinión dos veciños e das organizacións máis representativas que puideran resultar afectados polo novo servizo de Punto de Atención á Infancia (PAI).
A necesidade e oportunidade desta regulación vén esixida polas características do novo servizo que atenderá a nenos de entre 0 e 3 anos, co fin de conciliar a vida familiar e laboral.
O obxectivo da norma é de que o novo centro asistencial conte cun regulamento de organización e funcionamento a disposición dos usuarios.
A regulación a través dunha norma regulamentaria vén esixida no apartado 4, letra c) do Art. 20 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
Así mesmo, preténdese a regulación do prezo público pola prestación do referido servizo.
O prazo de presentación de opinións extenderase durante un prazo de a15 días hábiles, a contar desde o día 12 deste mes.
O Corgo, 10 de marzo do 2019.
O Alcalde,
José Antonio Ferreiro González.
Festa de entroido o luns, día 4 de Marzo, no Polideportivo municipal, a carón do Colexio Plurilingüe do Corgo, a partir das catro e media da tarde e ata as oito.
Baile, xogos, animación, desfile, colchonetas hinchables, Karaoke... e chocolate con churros para tódolos disfrazados.
Anotarse no 982302377 para que contemos con vós.