Vostede está aquí: Inicio Concello Información Ordenanzas Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles

pdf Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles Popular

Por En Ordenanzas 4390 descargas

Descargar (pdf, 703 KB)

ORDENANZA IBI MODIFICADA 2016 Y 2018.pdf

A ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles foi aprobada polo Pleno do Concello  o 16 de novembro do 2011, e publicada no BOP nº 296 do 28 de decembro do  mesmo ano. Con ela, como se recolle na disposición derrogatoria, queda derrogada a ordenanza fiscal do BOP Nº 259 do 9 de novembro do 1989.

Estructúrase en catro artigos (que regulan os fundamentos e réxime, a cota tributaria, as exencións e bonificacións), unha disposición final e unha derrogatoria.

O artigo nº2 sufre unha modificación acordada polo Pleno do 27 de setembro do 2013, que se publica no BOP nº 273 do 28 de novembro do 2013, e só afecta á cota tributaria dos bens de natureza urbana. Aparece nun anuncio de dous apartados que xunto con esta recolle outra modificación da  normativa municipal. 

O Pleno do 11 de novembro do 2016 acorda unha nova modificación que se publica no BOP 295 do 26 de decembro do mesmo ano. As modificacións afectan aos artigos 2 (referente aos porcentaxes do tipo de gravamen), ao artigo 4 ( introdúcense novos apartados nas bonificacións. Concretamente engádense os puntos 4.4, 4.5 e 4.6), e tamén ásdisposicións adicional e final.

No 2018, o Pleno municipal do 25 de abril  aproba a redacción do punto 7 do artigo 4

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate