Reunión de inicio do curso 2021-2022 no P.A.I. do Corgo.
A dirección do P.A.I. do Corgo convoca a tódolos pais/nais dos nenos/as que se citan no seguinte documento a unha reunión grupal antes do comenzo do curso que terá lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL o venres, día 27 de agosto, ás 12:00 horas.
pdf Reunión de inicio do curso 2021-20222 no P.A.I. do Corgo. (112 KB)
Axudas para a obtención do permiso de conducir para mozos/as inscritos no SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL.
O 13 de agosto publícase no DOG a ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C, por parte das persoas mozas residentes en Galicia. Son axudas de concorrencia non competitiva, polo que ao esgotarse o crédito orzamentario publicarase no DOG e na web de xuventude.xunta.es e xa non se admitirán máis solicitudes.
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso clase B e de 650 para o permiso clase C. Ditos importes poderán acumularse no caso de que a persoa solicite a axuda para ambos permisos.
Os requisitos esixidos son:
-Ter feitos os 18 anos e non esceder a idade establecida no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
-Estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil como beneficiario no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action?request_locale=gl)
-Estar matriculado nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade á solicitude da axuda, ou en caso de obter o permiso, con data de expedición entre o 1 de xaneiro do 2021 e a da realización da solicitude.
-Estar empadroado en calqurera concello de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
O prazo de solicitude é dun mes dende o día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.
O pago da axuda producirase unha vez xustificada a axuda concedida. A solicitude e tódolos trámites farase por medios electrónicos.
Enlace a ORDE: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0425-040821-0001_gl.html
O 13 de agosto publícase no DOG a ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C, por parte das persoas mozas residentes en Galicia. Son axudas de concorrencia non competitiva, polo que ao esgotarse o crédito orzamentario publicarase no DOG e na web de xuventude.xunta.es e xa non se admitirán máis solicitudes.
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso clase B e de 650 para o permiso clase C. Ditos importes poderán acumularse no caso de que a persoa solicite a axuda para ambos permisos.
Os requisitos esixidos son:
-Ter feitos os 18 anos e non esceder a idade establecida no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
-Estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil como beneficiario no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action?request_locale=gl)
-Estar matriculado nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia , con anterioridade a solicitude da axuda, ou en caso de obter o permiso, con data de expedición entre o 1 de xaneiro do 2021 e a da realización da solicitude.
-Estar empadroado en calqurera concello de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
O prazo de solicitude é dun mes dende o día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.
O pago da axuda producirase unha vez xustificada a axuda concedida. A solicitude e tódolos trámites farase por medios electrónicos.
Enlace a ORDE: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0425-040821-0001_gl.html
Programación cultural Cultura no Camiño 2021 no CORGO.
Os XOVES DA CULTURA NO CORGO: Espectáculos de teatro cómico, maxia, novo circo e música .
Actuacións:
- OS MONIFACES NO CAMIÑO. DIA 29 DE XULLO ÁS 12.30 NA ÁREA RECREATIVA DO CORGO, EN FRONTE AO COLEXIO.
-O MAGO ANTON " VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS". XOVES, DÍA 5 DE AGOSTO. DIVERSAS FUNCIÓNS . Á MAÑÁ NO COLEXIO DO CORGO E Á TARDE NA PRAIA FLUVIAL RÍO CHAMOSO.
-IKIGAI. ESPECTÁCULO DE NOVO CIRCO DA COMPAÑÍA SUMA. XOVES DÍA 12 DE AGOSTO ÁS 12.30 NA ÁREA RECREATVIA EN FRONTE AO COLEXIO DO CORGO.
-SAAABOR!!.- ESPECTÁCULO DE TEATRO CÓMICO. XOVES DÍA 19 DE AGOSTO ÁS 12.30 NA ÁREA RECRETIVA DO CORGO.
ENTRADAS DE BALDE. TÓDOLOS PÚBLICOS.
CONSULTA A PROGRAMACIÓN : pdf Programación cultural Cultura no Camiño 2021 no CORGO (618 KB)