No BOP nº 140, do 20 de xuño do 2006, publícase o texto definitvo da ordenanza reguladora da taxa por recollida de residuos sólidos urbanos , que fora aprobada polo Pleno o 31 de marzo dese mesmo ano. Está estructurada en dez artigos, unha disposición adicional, unha derrogatoria e unha final.
Por acordo do pleno do 28 de marzo do 2008, publicado no BOP do 14 de xuño do 2008, nº 136, determínase a primeira modificación, constistente en establecer as tarifas anuais e semestrais para os próximos cinco anos ( 2009, 2010, 2011, 2012 e 2013).
A derradeira modificación aparece no BOP nº 64 do 20 de marzo do 2009, e foi adoptada polo Pleno do 27 de novembro do 2008. Con ela o Grupo I que recollía o artigo 5 e só incluía " vivendas" pasa a ter un novo epígrafe: " Vivendas e locais ou edificacións non contempladas nos grupos 2 a 6".