Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Mostrando artículos por etiqueta: festival
Venres, 02 Febreiro 2018 18:07

FESTIVAL DE ENTROIDO

O luns, día 12 de febreiro, ás 16:30 h. e ata as 20:00 h.  celebrarase no POLIDEPORTIVO municipal do Corgo o festival de entroido, con baile de disfraces, desfile, xogos, animación, lambetadas para todos e colchonetas inchables. O desfile levarase a cabo antes da merenda.

Para que contemos cos nenos e importante anotarse no teléfono 982302377.

Poderán participar nenos/as de tódalas idades, ainda que os menores de 4 anos deberán de estar acompañados dun responsable todo o tempo. Recoméndase traer a merenda. 

Publicado en Novas
Martes, 21 Febreiro 2017 16:10

Festival de entroido 2017

 O luns, día 27 de febreiro terá lugar o FESTIVAL de entroido para os máis novos/as do concello. Unha festa no CENTRO SOCIOCULTURAL  do Corgo que empezará as catro e media da tarde e remata as sete e media.  Haberá música, bailes, xogos, desfile, premios e lambetadas para os asistentes. Os menores de catro anos que se acheguen deberán estar en todo momento  acompañados dos responsables. A partir desa idade os nenos poden quedar ao coidado do equipo de monitores, asinando a autorización e cumplimentando a ficha de datos persoais.

Recoméndase traer a merenda, xa que se fará un descanso para o tentempé.

¡Esperámosvos!

Publicado en Novas

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate