FESTIVAL DE ENTROIDO
O luns, día 12 de febreiro, ás 16:30 h. e ata as 20:00 h. celebrarase no POLIDEPORTIVO municipal do Corgo o festival de entroido, con baile de disfraces, desfile, xogos, animación, lambetadas para todos e colchonetas inchables. O desfile levarase a cabo antes da merenda.
Para que contemos cos nenos e importante anotarse no teléfono 982302377.
Poderán participar nenos/as de tódalas idades, ainda que os menores de 4 anos deberán de estar acompañados dun responsable todo o tempo. Recoméndase traer a merenda.
Festival de entroido 2017
O luns, día 27 de febreiro terá lugar o FESTIVAL de entroido para os máis novos/as do concello. Unha festa no CENTRO SOCIOCULTURAL do Corgo que empezará as catro e media da tarde e remata as sete e media. Haberá música, bailes, xogos, desfile, premios e lambetadas para os asistentes. Os menores de catro anos que se acheguen deberán estar en todo momento acompañados dos responsables. A partir desa idade os nenos poden quedar ao coidado do equipo de monitores, asinando a autorización e cumplimentando a ficha de datos persoais.
Recoméndase traer a merenda, xa que se fará un descanso para o tentempé.
¡Esperámosvos!
Festival de entroido
- Centro sociocultural do Corgo
- Luns, día 8 de febreiro, ás 16:30 h e ata as 19:30h.
- Festival con karaoke, xogos, animación, desfile de disfraces con premios e lambetadas para todos.
- A actividade está destinada aos nenos/as de 4 a 12 anos, ainda que poderán asistir nenos que non estén nese tramo de idade.
Os menores de 4 anos deberán de estar acompañados en todo momento dun responsable. Recoméndase traer merenda. Actividade Gratuita.
- A actividade está destinada aos nenos/as de 4 a 12 anos, ainda que poderán asistir nenos que non estén nese tramo de idade.
CONCELLO DO CORGO