O Concello do Corgo e o seu recentemente publicado Adiviñanceiro tradicional foron onte os protagonistas da presentación do número 64 da prestixiosa Revista Lvcensia, editada pola Biblioteca do Seminario Diocesano. No acto público, que congregou a unha numerosa asistencia na Aula Magna, o convidado de honra, nesta ocasión, foi o Proxecto CORGORAL, como exemplo de boas prácticas e implementación de metodoloxías participativas na recolla do Patrimonio Cultural Inmaterial.
Na presentación oficial do Adiviñanceiro tradicional do Corgo na bimilenaria cidade amurallada, o responsable do Proxecto CORGORAL explicou aos presentes todo o proceso de recollas, que contou coa axuda de numerosas persoas e institucións, entre os que sinalou ao cronista oficial, o Sr. D. Jesús Abuín Arias e ao alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe do Corgo e do CPI “Ramón Piñeiro”.
Tamén se deu a coñecer a recente inauguración da biblioteca do Punto de Atención á Lectura, a presentación de libros, concerto musical e recital poético desenvolvidos co gallo do Día das Letras e a edición en vindeiras datas do Refraneiro popular do Corgo, agora en fase de preparación.
pdf ADIVIÑANCEIRO TRADICIONAL DO CORGO (2.82 MB)
Publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases para o funcionamento do Viveiro de empresas do Corgo.
pdf BASES PARA O FUNCIONAMENTO DO VIVEIRO DE EMPRESAS DO CORGO (589 KB) .
Publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases da convocatoria de axudas para o fomento da natalidade para as axudas e acollementos producidos no ano 2021, entre xaneiro e decembro.
pdf CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONOMICAS FOMENTO DA NATALIDADE 2021. (39 KB)