Con motivo dos actos que se levan a cabo en toda Galicia contra a violencia de xénero, o Concello do Corgo, unida á campaña #ennegro contra as violencias, por segundo ano consecutivo, desenvolverá accións divulgativas de denucia desta situación.
O venres 23 lerase o manifesto no Colexio Plurilingüe do Corgo, e o sábado 24 pola tarde, ás cinco, no Centro sociocultural, desenvolverase unha xornada formativa e informativa a cargo da Educadora Social e Psicopedagoga Lucía Lage Via , para a eliminación da violencia contra a muller.
folder pdf Cartel 24 NOVEMBRO O CORGO EN NEGRO (272 KB) folder
A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2018 acada a súa duodécima edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).
Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 28 de novembro de 2018. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 22 de decembro de 2018 no Centro Sociocultural do Corgo.
Este ano incluimos como novidade a creación do Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).