Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Parabéns Benedicta.
Parabéns Benedicta. Novas
09 Xun

Parabéns Benedicta.

A pesares de que nunca antes se puxera diante dunha cámara, Benedicta Sanchez, veciña deste concello, brila como unha actriz profesional, como si toda a súa vida estivese adicada aos rodaxes. Simpatía, naturalidade, frescura, espontaneidade, e  certo don innanto, fan que esta muller cause admiración  e seña merecedora de todo tipo de eloxios e  congratulacións trala súa aparición na película rodada nos Ancares. " O que arde" de  Oliver Laxe.

Benedicta, como ela dí,  estes días cambiou a aixada que emprega no Corgo por  photocalls  no festival de Cannes  onde sorprendeu improvisando unha muiñeira na alfombra vermella, amosando unha vez máis a súa campechanía e o arraigo á súa terra.

 A súa recente "carreira" non só foi recoñecida en Cannes, onde recibiu un premio polo xurado, xa que acaba de ser distinguida coa  medalla Castelao.

Orgullosos destes recoñecementos, dente o teu concello con moita satisfación, unímonos a tódalas mensaxes de felicitacións Benedicta. Parabéns.

El progreso. Artículo Benedicta.

El progreso. Benedicta medalla Castelao

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate