Vostede está aquí: Inicio Saúdo do Alcalde

Saúdo do Alcalde

saudo_alcalde

As tecnoloxías da información e as comunicacións impulsaron nos últimos anos transformacións de alcance tal que, á marxe de consideracións teóricas sobre as bondades e riscos da sociedade da información ou do coñecemento, están configurando de feito un novo modelo de sociedade.

Na vanguardia das novas tecnoloxías

Neste contexto, o concello do Corgo non pode ser unha excepción, e queremos colocalo na vanguardia das novas tecnoloxías.  O concello do Corgo ten por iso só, pero tamén polo seu area de influencia, moitos e importantes atractivos para calquera persoa que busque tranquilidade, beleza e recunchos dun gran valor paisaxístico. O Corgo é un Concello amante das súas tradicións, preocupado pola cultura como sinal de identidade de Galicia.

Pedimos a vosa colaboración. Queremos que os nosos veciños e veciñas colaboren coas súas suxestións na nosa páxina Web, deste xeito mellorarase notablemente o seu contido.

Un saúdo no meu nome e no dos meus compañeiros e compañeiras de Corporación.

Ilustrísimo Sr. D. Felipe Labrada Reija.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate