Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
26 Abr

Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

 

No Bop do luns, 18 de abril do 2016, publícase o anuncio do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación provincial, onde se informa do inicio  do periodo voluntario de cobranza  de débedas tributarias de vencemento público.

 De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, taxas, prezos públicos, dos concellos que se relacionan no anexo, empezará a contar o día 18/04/2016 e finalizará o día 20/06/2016, ambos os dous incluídos.

O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, “La Caixa” - Caixabank SA, e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. (BBVA), en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento.

O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA (antes Nova Galicia Banco) cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.

Consecuencia de falta de pago.

Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de prema e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate