Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas para os Agricultores Orde do 13 de decembro de 2018 ( Axudas polo sacrificio obrigatorio de animais para erradicación de enfermidades)

pdf Orde do 13 de decembro de 2018 ( Axudas polo sacrificio obrigatorio de animais para erradicación de enfermidades) Popular

Por 2095 descargas

Descargar (pdf, 776 KB)

Anuncio axudas para sacrificio de animais. DOG 4 de xaneiro 2019.pdf

ORDE do 13 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2019.

 

Poderán optar ás indemnizaciópns as persoas físicas e xurídicas e as entidadeas sen personalidade xurídica que sexan titulares de.

- Animais que se sacrifiquen ou morran por resultaren reaccionantes ás probas diagnósticas de turberculose, brucelose, leucose e lingua azul no gando vacún, ovino ou cabrún, ou por ter convido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes.

- De animais e os seus productos de calquera especie, sacrificados/ mortos, e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ ou confirmación da presenza   de encefalopatías  esponxiformes  transmisibles.

- De aves reprodutoras ou poñedoras da especie Gallus gallus e reprodutoras da especie Meleagris gallopavo, sacrificadas por orde da autoridade competente dentro dos programas nacionais de control de salmonela.

- De aves sacrificadas por mor da declaración oficial dun foco de influenza aviaria ou de enfermidade de Newcastle.

-De porcos sacrificados/mortos por mor da declaración oficial dun foco de peste porcina clásica ou de peste porcina africana

- De animais que se sacrifiquen/morran por resolución da autoridade competente en materia de sanidade animal, afectados por enfermidades distintas das sometidas a programas sanitarios oficiais..

- De animais que morreran como consecuencia directa de actuacións, tratamentos e manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico e, en xeral, de animais que morran no contexto de medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente.

- Os demais supostos recollidos na Lei 8/2003, de sanidade animal, e na normativa estatal e da Unión Europea de desenvolvemento dos programas e das actuacións sanitarias de vixilancia, loita control e erradicación de cada enfermidade.

A tramitación do procedemento de concesión das indemnizacións establecidas nesta orde levarase a cabo durante todo o exercicio orzamentario do ano 2019.

 O prazo para a presentación das solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria será desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 29 de novembro de 2019, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate