Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Presentación da nova páxina web do Concello do Corgo
Presentación da nova  páxina web do Concello do  Corgo Novas
28 Nov

Presentación da nova páxina web do Concello do Corgo

 

 

O Concello do Corgo, coa colaboración do Centro Sociocultural e do Proxecto CORGORAL, presenta publicamente o seu novo portal dixital na rede. O acto terá lugar o vindeiro mércores 30 de Novembro a partir das 19:30h na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO), xunto ao Punto de Atención á Infancia (PAI).
Desta volta será o especialista Antonio Giz quen explique detalladamente a todas as persoas interesadas a renovada imaxe do rostro público do concello na rede, así coma o futuro funcionamento básico da mesma, con todos os seus apartados renovados e con novos recursos multimedia.
Desde o Concello do Corgo queremos animar a todos os veciños e veciñas a participar neste evento, contribuíndo coas súas achegas a mellorar o deseño e a accesibilidade telemática á administración municipal. Será presentada unha versión piloto que incluirá novos elementos dixitais, coa idea de poñela a andar definitivamente coa maior brevidade posible.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate