Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas CINE NA RÚA. SÁBADO 23 DE XULLO ÁS 22:30 H. CAMPO DA FEIRA DE ADAI.
CINE NA RÚA. SÁBADO 23 DE XULLO ÁS 22:30 H. CAMPO DA FEIRA DE ADAI. Novas
07 Xul

CINE NA RÚA. SÁBADO 23 DE XULLO ÁS 22:30 H. CAMPO DA FEIRA DE ADAI.

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, presenta a súa programación cultural de verán para todos os veciños e visitantes, na que destaca como primeiro prato a proxección nocturna ao aire libre da película CUÑADOS. O acto terá lugar o vindeiro sábado 23 de Xullo, a partir das 22:30h, no incomparable e monumental Campo da Feira de Adai.

Este fermoso marco cultural municipal será o privilexiado palco no que se proxectará a exitosa comedia con denominación de orixe CUÑADOS, protagonizada, entre outros moitos, polos sobradamente coñecidos e moi populares actores Xosé Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rei.
A asistencia a esta xornada de cinema ao aire libre é totalmente libre e gratuíta.

Non vos esquezades: estades convidados para xuntármonos todos os corgueses e pasarmos un agradable serán, recuperando esta boa oportunidade de convivencia entre moitos risos e complicidades.

Agardámosvos!

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate