Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas XORNADA DA IGUALDADE DE XÉNERO NO CEIP DO CORGO.
XORNADA DA IGUALDADE DE XÉNERO NO CEIP DO CORGO. Novas
30 Mar

XORNADA DA IGUALDADE DE XÉNERO NO CEIP DO CORGO.

 
O  Concello do Corgo  organiza unha xornada da igualdade dirixida aos alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe do Corgo para o venres día 1 de abril.
Consiste nunha serie de talleres que se levarán a cabo no colexio,  en grupos reducidos  e por idades, para facilitar a comprensión e concienciación dos nenos e nenas.
Está elaborado por  Aprendemos con disciplina positiva, e desenvólvese  en talleres con distintintos contacontos e actividades que conviden á reflexión sobre a igualdade de xénero.  A porposta para os cursos superiores (5º e 6º) comprende un experimento social, unha mesa redonda e debate e choiva de ideas para erradicar a desigualdade de xénero.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate