Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas I ENTROIDO VIRTUAL NO CORGO
I ENTROIDO VIRTUAL NO CORGO Novas
03 Feb

I ENTROIDO VIRTUAL NO CORGO

 

O concello do Corgo organiza o
I CONCURSO DE DISFRACES DE ENTROIDO VIRTUAIS.
Este ano por mor da pandemia, as festas de entroido que viñamos realizando para o público máis novo do Concello vense suspendidas, mais non así o ánimo e a ilusión que aos nenos e nenas do Corgo lles supoñen estas datas. É por iso, que imos celebrar un concurso de disfruaces virtuais, sen perigros, sen contactos, garantindo a seguridade e mantendo a diversión que propón o entroido.

Poderán parcipar tódolos/as veciños/as empadronados no Corgo dende os 3 ata os 14 anos, empregando calquera método para elaborar o seu disfraz. Esta primeira edición os premios serán individuais, ainda que entre irmáns ou convivientes poderán, baixo a mesma solictude, participar en parella ou grupo.
Existirán tres categorías en función da idade, e en cada categoría haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio. A creatividade, elaboración e traballo serán determinantes na valoración.

  •  Categoría de 3-6 anos.
  • Categoría de 7-10 anos.
  •  Categoría de de 11- 14 anos.

Para participar remitirase ao concello Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 3 fotografías en formato jpg da persoa disfrazada, onde se aprecie ben todo o que queirades destacar. No mesmo correo enviaredes os datos personais e a autorización de participación e dereitos de imaxe. Se non vos fose posible facer a inscripción de xeito telemático, podeis entregala na oficina de información Xuvenil , chamando previamente ao 620731543.
As fotografías quedará a disposición do concello que as poderá exibir ou publicar con fins culturais ou informativos.
Os participantes terán de prazo para inscribirse ata o luns, día 15 de febrero. O xurado dará a coñecer os gañadores o venres día 19, a través da páxina web municipal www.concellodocorgo.com.

A vosa orixinalidade e inxenio…..ten premio!

pdf Inscrición e autorización entroido 2021 (396 KB) pdf
(396 KB)

pdf Premios entroido 2021 (222 KB)

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate