Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Medidas de desinfección. 2 de abril do 2020
Medidas de desinfección.  2 de abril do 2020 Novas
02 Abr

Medidas de desinfección. 2 de abril do 2020

 

Incrementando as medidas para tratar de previr o contaxio  do Covid-19, estase a levar a cabo a desinfección dos contenedores de lixo do concello. Neste momento xa se actuaou nos puntos de recollida de  Arxemil, recta de Sabarei, Santa Mariña, Manán, Chousa, Escoureda, Agragán, recta do Corgo, centro médico, concello, colexio.. e proseguiranse as labores nas parroquias que quedan pendentes.

Por outra  banda,as brigadas de incendios da Xunta voltaron as labores de desinfección das inmediacións do Centro de saúde, labores que repiten cada tres días e que complementan ás xa adoptadas polo propio concello nos puntos onde se pode concentrar maior número de veciños, como establecementos comerciais, banco, farmacias, etc.

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate