Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas XIII FEIRA DO CABALO DE ADAI
XIII FEIRA DO CABALO DE ADAI Novas
08 Xun

XIII FEIRA DO CABALO DE ADAI

XXIII FEIRA DO CABALO DE ADAI DOMINGO 24 DE XUÑO DE 2018 ADAI – O CORGO (LUGO)

Programa de actividades:

09.30h. - Apertura do recinto feiral.

10:00h -13:30 Entrega de agasallo de benvida ós cabaleiros.

11.00h.- Inscripcións na mesa do xurado para os concurso Morfolóxicos para cabalos e eguas de pura raza galega puntuable para a “ XVII Copa Galicia P.R.G” ,maiores de tres anos e cabalos e eguas cruzados.

11.30 h.-. Concurso Morfolóxico para cabalos de pura raza galega puntuable para a “ XVII Copa Galicia P.R.G maiores de tres anos.

12.00h.- Concurso Morfolóxico de eguas de pura raza galega puntuable para a “ XVII Copa Galicia P.R.G maiores de tres anos.

12.30h.-Concurso Morfolóxico de cabalos cruzados. Maiores de tres anos.

13.00 h.- Concurso Morfolóxico de eguas cruzadas. Maiores de tres anos.

13,30 HORAS.- EXHIBICION DE DOMA CON CABALOS DE PURA RAZA GALEGA DA ASOCIACION PURA RAZA CABALO GALEGO E ENTREGA DE TROFEOS E PREMIOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS.

Premios en cada categoría participante:

1º PREMIO.- 115 €+trofeo ou escarapela.

2º PREMIO.- 80 € + trofeo ou escarapela.

3º PREMIO.- 60 € + trofeo ou escarapela.

4º PREMIO.- 30 € + trofeo ou escarapela

17,00 A 18,00 HORAS.- GRAN EXHIBICIÓN DE DOMA DE ALTA ESCOLA, DOMA CLÁSICA, FANTASÍAS ECUESTRES E DOMA EN LIBERDADE CON MANUEL PIÑON, PAULA FEIJOO, TONI CABO E IRENE HERNANDEZ

“ACTUACIÓN DA CHARANGA DGT”

Nota importante- É obrigatorio recoller o premio có cabalo ou egua gañador/a do mesmo. De non ser así, non se entregará. Os premios indicados no cartel da feira estipulados para cada categoría en concurso, pagaránse mediante transferencia bancaria e aplicaráselles a retención do IRPF establecida pola Axencia Tributaria en cumplimento das obrigas fiscais. Do mesmo xeito aplicaráselle dita retención aos xuíces e demáis persoal colaborador. (Todos os participantes deberán facilitar o número de conta bancaria).

document Bases e normas de participación na feira cabalar e nos concursos morfolóxicos. Adai 2018 (15 KB)

Artigos relacionados (por etiqueta)

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate