Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Axudas a mulleres desempregadas en búsqueda de emprego e mulleres emprendedoras.
18 Ago

Axudas a mulleres desempregadas en búsqueda de emprego e mulleres emprendedoras.

Dende a Asociación de mulleres Empresarias da provincia de Lugo, ( AELU) e a Asociación E-deid@des para a integración laboral e social da muller, estase levando a cabo un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia para as mulleres da provincia de Lugo baixo dúas liñas de acción:

- Mulleres desempregadas en búsqueda de emprego 3.0

- Mulleres emprendedoras que queiran emprender.

Estas asociacións loitan pola inclusión da muller  no mundo laboral dende un emprendemento responsable, potenciando o autoemprego, polo que este proxecto ofrece entre outros puntos, orientación, información, motivación, adquisición de habilidades socio-laborais para poder competir no mundo laboral, ...

De xuntarse dez mulleres interesadas, poderíase levar a cabo  esta proposta no propio concello, sen necesidade de desprazarse a Lugo, que  é a outra alternativa.

Para máis información, podeis poñervos en contacto  con AEULU, ( Avd. da Coruña, 500,1ª planta Edif. CEI-NODUS)  nos teléfonos 982226991-655947735-982200455 ou en www.empresariaslugo.org

 

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate