Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Axudas para a o proxecto de casas niño en núcleos rurais.
25 Mai

Axudas para a o proxecto de casas niño en núcleos rurais.

Orde do 6 de maio de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2016, 2017, 2018 e 2019 (DOG nº 96 do 23 de maio de 2016).

OBXECTO DA ORDE

Axudas para a posta en marcha de experiencia piloto destinadas á atención de nenos e nenas de ata tres anos de idade , mediante o establecemento dunha casa niño, en núcleos rurais (concellos de menos de 5000 habitantes e que non teñan P.A.I nin escolas infantis para menores de 3 anos)

Así mesmo, esta orde convoca axudas para a posta en marcha do proxecto piloto de casa niño durante os anos 2016, 2017, 2018 e 2019.

CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO PILOTO.

A casa ofrecerá atención integral a nenos/as de 3 meses a 3 anos, atendendo ás súas necesidades básicas de alimentación, hixiene, descanso, e desenvolvemento físico, motor, afectivo, sensorial, intelectual e social.

Terá carácter gratuito para os usuarios, que serán atendidos de luns a venres, todo o ano, agás festivos, e un mes de cada doce, consensuado coas familias, para as vacacións.  A xornada será de oito horas, podendo ser flexible, que se pactará entre as familias e o profesional. Prevendo calquera tipo de imprevistos, enfermidade ou emerxencia, é preciso contar cunha persoa que substitúa ao titular.

A atención comprenderá o servizo de cociña ( quentar alimentos), hixiene dos nenos/as , edesenvolvemento de actividades de tipo educativo. As familias achegarán tanto o leite como os alimentos xa cociñados e material de hixiene ( cueiros, toalliñas, cremas, etc)

A casa niño contará con 5 prazas, e de houber nenos/as con necesidades despecíficas de apoio educativo, contaría como 2 prazas, non podendo haber máis dun neno/a con estas características.

Os nenos/as deben de estar empadroados no concello, ou poderán acudir nenos de concellos limítrofes sempre e cando no seu non existan recursos de atención á infancia de ata tres anos.

De haber máis solicitudes ca prazas, atenderase primeiro en función do padrón, e se fose necesario, seguindo criterios de renda.

Para o finanzamento previsto, é necesario un mínimo de 3 nenos na primeira anualidade do proxecto. Se baixara a 2 nas sucesivas anualidades deberá ser comunicado á D. X. de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

PERSOAS BENEFICIARIAS.

Persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado.

Requisitos:

  • Titulación en técnico superior en educación infantil.
  • Grao en mestre de educación infantil/educación primaria.
  • Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social
  • Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou curso de formación complementaria para futuros profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
  • Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia acreditada neste ámbito.

Este requisito deberá cumprirse na data de finalización da presentación do prazo de presentación de solicitudes.

-Residir nun núcleo rural no que non exista recursos de atención continuada á infancia de ata 3 anos de idade.

-Contar cunha vivenda nun núcleo rural no que non exista recursos de atención á infancia de ata 3 anos de idade.

- A vivenda deberá estar dotada cos seguintes recurso:

  • calefacción con protección dos elementos calefactores.
  • sala con iluminación e ventilación de ata 4 m2 por menor, distribuida e organizada para as necesidades dos menores.

-zona diferenciada de descanso e para a hixiene infantil,

-zona para a preparación, almacenamento e conservación dos alimentos.

  • elementos de protección de enchufes, portas, seguros das ventas, barreiras de seguride, extintor..
  • mobiliario e equipamento básico (cambiador, berces, sabas, colchóns, tronas, hamacas, materiais didácticos e de xogo..) Os materiais das paredes e pisos serán ignifugos , cálidos, lisos, lavables e aptos para a desinfección. Haberá unha superficie continuada e antideslizante para gatear.

-Plan de actuación cos nenos/as para atender eventuais ou emerxencias.

-Establecerse como empresario autónomo ou constituir unha cooperativa de traballadores.

-Acreditar unha revisión médica anual.

PERMANENCIA NA ACTIVIDADE.

O periodo mínimo de permanencia será desde a posta en marcha do proxecto ata o 31 de decembro do 2019, excepto causas de forza maior alleas á vontade do profesional, ou por falta de demanda que impidan o desenvolvento da actividade.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES.

  • A reforma e adaptación da vivenda destinada a casa niño, así como o equipamento e material. Os gastos deben ser necesarios e corresponderse coa operación cofinanciada. Deberán de estar pagados antes de finalizar o periodo de xustificación para o 2016.
  • A prestación de atención personalizada de nenos/as de ata 3 anos .
  • Os gastos previstos deben ser especificados na solicitude, coa planificación por anualidades, tendo en conta que os investimentos só serán elixibles en 2016.
  • O Imposto sobre o valor engadido no se considera subvencionable.

TIPO DE AXUDA E CUANTÍA.

As axudas de investimento con levan unha subvención do 100%, cun límite máximo de 15.000 euros por casa niño.

AS axudas para desenvolvemento do proxecto piloto será unha achega de 19.600€ por ano. Este importe minórase no 2016 en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

CONCORRENCIA CON OUTRAS AXUDAS.

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións de calquera outra Administración, coas limitacións derivadas do artigo 65.11 do Regulamento (UE) Nº 1303/2013. No caso de percibirse outras axudas deberase efectuar a comunicación tan pronto como se coñezca. En ningún caso poderá superarse o total de investimentos ou gastos.

Deberase presentar, xunto coa solicitude, unha declaración de axudas e subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma finalidade.

PRAZO DE PRESENTACIÓN.

Efectuarase preferiblemente por vía electrónica na sede da Xunta de Galicia. Tamén se poderá presentar en soporte papel nos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

O prazo de presentación será dun mes.

DOCUMENTACIÓN PARA ANEXAR Á SOLICITUDE

-          Copia de DNI ou NIF da persoa xurídica solicitante.

-          Copia da documentación acreditativa de estar en posesión da titulación de formación requirida.

-          Certificado médico do estado de saúde.

-          Memoria descritiva coa localización xeográfica e número potencial de nenos/as usuarios que xustifiquen a necesidade.

-          Proposta pedagóxica básica asinada polos que desenvolverán o proxecto, que comprenda periodo de adaptación, alimentación, hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal…

-          Descrición do equipamento e materiais para o desenvolvemento.

-          Plano da vivenda acompañado de fotografías de todas as estancias e coa proposta de adaptación de ser o caso.

-          Plan de actuación cos nenos/as anate unha situación de emerxencia.

-          Orzamento desagregado dos gastos de investimentos.

-          Certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais

-          Declaración de axudas.

-          Documentación de acreditación de inscrición ininterrompida na Oficina de Emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses, ou de ser vitima de violencia de xénero, ou de ter grao de discapacidade, para efectos de valoración.

-          Xustificante de empadroamento.

-          Alta na Seguridad Social no réxime especial de autónomos.

-          Alta no Imposto de actividade económicas, ou no Censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións públicas.

-          Documentación acreditativa de disponibilidade da vivenda durante o periodo subvencionado (escritura de propiedade, contrato de arrendamento, documento de cesión….)

-          Informe sobre habitabilidade da vivenda dos servizos municipais correspondentes.

-          Datos de identificación da persoa que se encargará de substituri ao responsable en caso de ausencia.

-          Xustificante de ter contratada unha póliza de seguro que cubra a responsabilidade civil, danos a terceiros, accidentes..

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Máximo 120 puntos.

Criterios:

  • Número de nacementos no concello nos últimos tres anos.
  • Número de núcleos de poboación.
  • Número de mulleres do concello entre 16 e 45 anos.
  • Indice de envellecemento da poboación do concello.
  • Contribución á integración laboral de persoas en situación de especial protección: parados de longa duración, menores de 35 anos, maiores de 55 anos, persoas con discapacidade pero valoradas como compatibles para o desempeño da actividade, e victimas da violencia de xénero

RESOLUCIÓN.

O prazo será de cinco meses. Nela recóllense obrigas como a obriga de conservar a documentación xustificativa dos gastos durante tres anos.

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.

-          Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano que concede.

-          Manter o sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transacións relacionadas cos gastos subvencionados

-          Ter unha permanencia mínima e ininterrompida na actividade, e manter as infraestructuras e equipamentos subvencionados destinados par o fin da subvención por un periodo mínimo de ata o 31 de decembro do 2019. O incumprimento dará lugar á revogación da subvención e reintegro do percibido e esixencia de xuros de demora.

-          Publicitar e informar da subvención da Consellería de Política Social e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020

-          Levar un rexistro de usuarios en soporte papel ou electrónico.

-          Cumprir co establecido na Lei de Proteccion de Datos 15/1999 do 13 de decembro.

-          Informar ao público que o servizo está subvencionado pola Xunta de Galicia e polo Feder, así como dos obxectivos dos fondos. ( Cartel informativo)

-          Efectuar a xustificación.

-          Facilitar a información que requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma ou o Tribunal de Contas.

-          Facilitar a información a DX de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Comunicar calquera outra subvención , axuda ou ingreso para o mesmo fin.

-          Acreditar a realización de revisións médicas anuais.

-          Contratar un seguro de responsabilidade civil, danos a terceiros e accidentes.

-          Poñer en coñecemento da DX de Familia Infancia e Dinamización Demográfica as situacións que den lugar a substitución do titular do servizo, con antelación de dez días, sempre e cando non sexa un imprevisto. Achegar a alta na SS do substituto, así como o contrato laboral e o certificado médico.

-          Acreditación de estar ao día nas obrigas tributarias estatais e autonómica se da S. Social.

-          Proceder ao reintegro dos fondos percibidos no caso de incumprimento.

XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN

Comprenderá as actuacións do ano ata o 30 de novembro. A data limite será o 5 de decembro de cada anualidade. Para a anualidade do 2016 os gastos de investimento deberán de ser facturas orixinais (ou documentos de valor probatorio equivalente) dos gastos realizados, e xustificante bancario que acredite o pagamento.

PAGAMENTO.

No 2016 poderán percibir   ata un 80% en concepto de pagamento anticipado, con anterioride á xustificación da axuda, que se fará efectiva a partir do momento da notificación da concesión da axuda. O resto será logo da xustificación .

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate