Son centros xerontolóxicos socio-terapéuticos e de apoio ás familias que, durante o día, prestan atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía personal, actividade relacional e a permanencia no contorno habitual.
As persoas maiores de 65 anos ou en casos excepcionais de 60, cunha dependencia física, psíquica ou sensorial, de carácter leve ou moderado.
As súas familias, que van a recibir apoio, orientación e atención personalizada por parte dos profesionais do centro de día.
O Centro funcinará baixo a supervisión dun director que coordinará o traballo de:
Neste centro en concreto, cóntase con: Traballadora social, Psicóloga e Terapeuta ocupacional.
A xornada completa comprende de 8.30 da mañá a 19.30 da tarde, con dereito a transporte adaptado, de luns a venres. As medias xornadas poden ser de mañá ou de tarde, con ou sen xantar.
Establecemento da participación económica dos usuarios Os prezos están regulados na Orde do DOG Núm. 182 do Martes, 24 de setembro de 2013 , e calculados en función dos ingresos mensuais dos usuarios.